CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

NON A VIOLENCIA DE XÉNERO

Hoxe, 25 de novembro, Día Internacional contra a Violencia de Xénero, IESGA quere poñer de manifesto a defensa da igualdade e a súa repulsa á violencia machista.

No que vai de ano, 49 mulleres perderon a vida a mans da súa parella, e por se estes datos non fosen suficientemente escalofriantes, destaca sobre este dato que cada vez medran máis o número de mozas entre as víctimas. Este motivo non fai máis que alentar o impulso que as asociacións xuvenís deben tomar para posicionarse en contra de esta lacra social é loitar en con determinación e forza cara a súa eliminación.

As asociacións de estudantes, no ámbito universitario, vemos a necesidade de emprender un camiño cara a igualdade entre as mulleres e homes, un camiño no que a educación é un piar fundamental, un camiño que precisa dun cambio social e dunha aposta clara pola educación en igualdade, porque para erradicar o machismo no presente e no futuro, debemos educar en igualdade. E isto significa traballar a igualdade nas escolas, realizar actividades formativas, campañas divulgativas, accións que contribúan a poñer de manifesto a necesidade de darlle un “STOP ao maltrato”, a frase coa que IESGA encabeza un cartaz que é simplemente un modo de recordar á sociedade que a violencia segue ahí, e que non debemos deixar de traballar cada día para acabar con ela.

Debemos traballar para a inclusión da Educación para a Igualdade e contra a Violencia de Xénero nos curricula de educación primaria e secundaria, así como de bacharelato, se educamos en igualdade, viviremos en igualdade. Para isto a formación do profesorado debe integrar estes contidos nos seus plan de estudo, porque ningunha escola educará na igualdade mentres o profesorado careza da formación necesaria a ese respecto.

IESGA é contraria á desprotección, ao medo, á soidade, aos insultos, ás agresións. IESGA é contraria á violencia de xénero “Ninguén é máis que ninguén por iso, ante o maltrato, tolerancia 0”

IESGA, fai súas as verbas de Kofi Annan (Secretario General de las Naciones Unidas)

"A violencia de xénero é quizais a máis vergoñenta violación dos dereitos humans. Mentres continúe, non podemos afirmar que estamos logrando progresos reais cara á igualdade, o desenvolvemento e a paz".