Estamos fartas / Estamos fartos O Día 3 VOTA IESGA

PROPOSTAS XERAIS PARA A USC
• Aumentar o número de prazas de estacionamento e acadar a gratuidade das zonas azuis para o estudantado.
• Mellorar o convenio coa empresa ARRIVA e crear un convenio con RENFE para mellorar as redes de comunicación entre as diferentes cidades e os campus.
• Unificar os servizos de promoción e asesoramento do estudantado para que fagan un traballo en rede que mellore a calidade deste.
• Dotar de cafeterías a aquelas facultades que carecen das mesmas, aumentar o número de comedores universitarios e mellorar a calidade dos que xa existen.
• Aumentar a frecuencia de buses entre facultades con máis paradas, fundamentalmente a liña 15. (e con máis buses...)
• Ampliar e mellorar a información sobre o Espazo Europeo de Educación Superior (EEES) e os cambios que supón á Universidade.
• Adecuar as datas e horarios de xestión de matricula ás necesidades do estudantado (flexibilidade de prazos, apertura continuada en período de matrícula…).
• Revisar as concesións das reprografías e actuar naquelas que teñen un funcionamento de pouca calidade.
• Acadar o posicionamento da universidade en contra da progresiva suba de taxas e sobre a privatización do sistema universitario.
• Aumentar o número de ordenadores nas aula RAI das diferentes facultades, establecer a apertura en horario ininterrumpido de 9:00 a 21:00 h. para que o estudantado poida acceder a eles en igualdade de condicións.
• Realizar melloras no mantemento e nos servizos que se prestan no SUR (Servizo Universitario de Residencias).
• Diminuír a ratio profesor/alumno/a.
• Asociar malos resultados na Enquisa Docente a cursos de adaptación pedagóxica obligatorios.
• Sistema progresivo no custo da matrícula do alumnado en función da renda familiar.
• Eliminar a penalización por segundas e terceiras matrículas, ou calquera outro tipo de recargo e devolución dos cartos da matrícula cando por diversas causas nos vexamos obrigados a anulala.
• Accesibilidade directa a todos os fondos das bibliotecas e equiparación do empréstito entre alumnado e profesorado.
• Maior número de prácticas en empresas e institucións públicas en condicións laborais dignas e cun seguimento efectivo das tarefas realizadas e a súa adecuación á materia.
• Dotación dos medios audiovisuais necesarios para que os labores docentes acaden a calidade axeitada.
• Mellorar as webs dos centros e departamentos. Fomentar o software libre, adquirir equipos e modernizar os actuais ata chegar a unha adecuada proporción de ordenadores útiles por alumno/a.
• Disposición dun gabinete psicopedagóxico que atenda á comunidade universitaria en xeral en todas aquelas cuestión necesarias; ansiedade antes os exames, estres, tabaquismo, etc
• Recoñecemento e dignificación do persoal investigador
• Maior disponibilidade na BUSC da bibliografía recomendada polo profesorado.
• Esixir ós plans de docencia a coordinación dos programas das materias en función das necesidades do alumnos.
• Poñer máis puntos de bicis e adaptar o campus para este transporte.
• Facilitar o uso do moedeiro TUI en cafeterías.