IESGA denuncia o alto recorte de axudas o estudantado Erasmus na nova convocatoria da Xunta

-A concesión das axudas tiña tres criterios base, dous en relación o destino e tempo, e outro en función a nota media do/da estudante.

-A nova convocatoria elimina o criterio referido o destino, reducindo cada bolsa ata un máximo de 400 euros

A Coruña, 13 de decembro de 2009.

A asociación progresista IESGA quere denunciar unha vez máis una nova redución nas bolsas por parte da Xunta de Galicia. Esta vez, no referente ás axudas que anualmente publica a Xunta para alumnado que está realizando un curso Erasmus no estranxeiro. ademais da publicación da convocatoria excesivamente tarde e o que iso conleva cos prazos administrativos, o estudantado ten que pasar a maior parte dos meses no seu destino erasmus sen cobrar absolutamente nada, este ano a convocatoria ten algo diferente: un recorte no aspecto máis xusto das anteriores convocatorias.

As bolsas Erasmus anteriores consistían en tres criterios progresivos polos que a beca se ía adaptando á situación de cada estudante. O primeiro baseábase nos meses que se pasaba no estranxeiro, o segundo a nota media do expediente dividido por tramos e un terceiro o grupo de países nos que se disfrutaba o Erasmus: preto, media distancia e lonxe.

Nesta c

onvocatoria, elimínase o derradeiro aspecto. A cambio, o PP modifica os últimos tres tramos das notas medias. O baremo escollido pola Xunta é de tomar a nota media penalizada do expediente, polo que se penaliza unha vez máis ós alumnos con peores notas. Estes poden recibir soamente 50 ou 100 euros para todo ou Erasmus. Nos últimos grupos da nota media está representada a maior parte do estudantado galego. Cun sistema de nota media penalizada é moi difícil acadar unha boa nota media, e nos últimos tramos, a partires do 2, as cuantías multiplícanse ata acadar mesmo os 2.000 euros. Estes últimos tres tramos son os que experimentan un lixeiro incremento. É dicir, o PP elimina o requisito que beneficiaba a todos os alumnos e aumenta nos únicos tramos nos que apenas hai estudantes.

IESGA leva anos defendendo un sistema de bolsas que primen ós estudantes con maiores dificultades económicas, especialmente nun momento de crise como esta, porque as bolsas non son un premio, son un compensador das desigualdades sociais, ainda que este goberno non o entenda. Tampouco se ten en conta o nivel de vida de cada país, xa que as necesidades para uns países e outros non son as mesmas. Con esta convocatoria, que chega tarde e é insuficiente cunna bolsa media de 500 euros que terán os alumnos, é imposible marchar de erasmus se non tes unha familia que o poida costear, o que por suposto, supón que só as familias medias-altas poderán facelo, unha situación máis de desigualdade que provoca este goberno.