IESGA - Económicas apoiou hoxe a candidatuta a Gustavo Rego como Decano e a Pilar Uriz como Directora da Escola

Despois das reunións cos candidatos e de estudiar os diferentes programas, os estudiantes membros da asociación IESGA, que ten a maioría absoluta do sector de alumnos, decidiron que:
Apoimos a candidatura de Nova Luce encabezada por Gustavo Rego co fin de seguir defendendo as ideas progresistas nesta facultade. Sen embargo, non é un cheque en branco, e seguiremos reivindicando aquelas cousas que pensamos non están ben na facultade, que non son poucas. A principal razón é a de facilitar a fusión coa Escola neste novo período, así como a de seguir no camiño de cambio iniciado fai catro anos. Sen embargo, seguiremos a defender un cambio nas actuacións das Relacións Internacionais, nas prácticas nas empresas, mellora do mobiliario, maior información sobre actividades/decisións ás asociacións, maior transparencia, máis dinamismo no centro…
A candidatura de Carla Rey non pode ter o noso apoio como asociación por cuestións evidentes. O programa non ten ideas concretas, só é unha declaración de intencións, que compartimos moitas delas pero ó día de hoxe non sabemos cómo se van facer nin cándo. Ademáis, que Carla Rey buscara xa apoios noutros alumnos (como sabedes impulsou á candidatura dos chamados ‘Independientes’) fainos pensar non valorou o traballo das asociacións que dende hai anos levan traballando para o ben desta facultade e do resto da UDC. Non coñecemos o seu equipo, e logo de insistir e seguir sen recibir información, pensamos que non ten. Non podemos apoiar soamente ideas se non sabemos quenes as van levar á realidade.
Por outra banda, os nosos representantes da Escola apoiaron hoxe á Pilar Uriz, tamén de Nova Luce, para a dirección á Escola logo de moitos anos con Aurelia, polo que consideramos como positivo un cambio na dirección e a defensa ó Grao de Empresariais.